O estreito de Johor, tamén coñecido en plural como os estreitos de Johor ou o estreito de Tebrau (Johor Selat, Tebrau Selaty ou Tebrau Reach) é un longo e angosto estreito de mar do sueste asiático, localizado no extremo meridional da península malaia, que separa o estado malaisiano de Johor, ao norte, da illa de Singapur, ao sur.
O estreito ten unha lonxitude dun 60 km e a súa anchura media é de 1–2 km. Na boca oriental do estreito atópase a illa de Ubin, que o divide en dúas. A navegación ao seu través está impedida para grandes barcos pola construción dunha estrada sobre un viaduto non demasiado elevado, máis ou menos na súa parte media do percorrido.