Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Εὐκλείδης h. 340 a. C. ↔ 315 a. C. valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Datos persoais | |
Residencia | Alexandría |
País de nacionalidade | Antiga Atenas |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría |
Ocupación | matemático , escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: A principios século III a. C. ) |
Alumnos | Dioclides Atheniensis |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Euclides (en greco antigo: Εὐκλείδης / Eukleídês), ás veces chamado Euclides de Alexandría para distinguilo de Euclides de Megara, (floruit o 300 a.C.)[1], foi un matemático grego, hoxe coñecido como "o pai da xeometría".[2] exerceu en Alexandría (antigo Exipto) en tempos de Tolemeo I Sóter (323-283 a.C.)[3] Foi o fundador da escola de matemáticas na cidade.[4]
Creador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Parece ser que foi educado en Atenas e que frecuentou a Academia de Platón, en pleno florecemento da cultura helenística.