Eucromatina

Núcleo dunha célula mostrando a localización da eucromatina.

A eucromatina é unha forma de cromatina que só está lixeiramente empaquetada, que contén unha gran concentración de xenes, e está xeralmente (pero non sempre) en activa transcrición. Comprende a porción menos condensada da cromatina e que se tingue menos con colorantes vista ao microscopio; a outra porción, máis condensada e tinguida, denomínase heterocromatina[1]. Secuenciouse o 99% do xenoma humano eucromático.[2]

  1. Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. 1986. Omega. Barcelona. Páxinas 488-489. ISBN 84-282-0752-6.
  2. "Finishing the euchromatic sequence of the human genome". Nature 431 (7011): 931–45. 21 October 2004. PMID 15496913. doi:10.1038/nature03001. 

Developed by StudentB