Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 201.081.297 (2023) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).
Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro). Durante a Guerra fría, as nacións de Europa occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época (1948-1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o continente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.
Actualmente os lindes de Europa occidental e a chamada Europa Central e Oriental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea.[1][2] De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións cos Estados Unidos e o Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.