Euskal Herria Bildu | |
---|---|
Partido político | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Laura Mintegi |
Historia | |
Fundación | 2012 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda abertzale, independentismo vasco, soberanismo, independentismo |
Outros datos | |
Na rede | |
www.ehbildu.eus | |
Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi.[1] Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.