Coordenadas: 27°59′17″N 86°55′30″L / 27.988055555556, 86.925
Everest | |
---|---|
Everest desde Kala Patthar, no Nepal. | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Himalaia |
Localización administrativa | |
Localización | Fronteira Nepal–Tíbet |
Características xerais | |
Altitude | 8.848,86 m Posición 1 |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 29 de maio de 1953, por Edmund Hillary e Tenzing Norgay |
Ruta máis fácil | Sur (Nepal) |
O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰. A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.
O monte Everest atrae moitos escaladores, algúns deles montañeiros altamente experimentados. Existen dúas rutas de ascenso principais: unha achégase ao cumio dende o sueste no Nepal (coñecido como a ruta estándar) e a outra polo norte no Tíbet. Aínda que a ruta estándar non ten retos técnicos considerables en escalada, o Everest presenta perigos tales como o mal de altura, clima e vento; así como riscos significativos como avalanchas e o cruzamento pola fervenza de xeo de Khumbu.