Experimento

Cada neno pasa por experimentos rudimentarios para aprender como funciona o mundo.[1][2]

Un experimento é un procedemento ordenado que se realiza para verificar, refutar ou establecer a validez dunha hipótese relacionada cun determinado fenómeno.[3][4][5] Achegan coñecemento sobre a causa e efecto, demostrando cal é o resultado cando se manipula unha variable (factor) particular.[6] O obxectivo e escala dos experimentos varían moito dun a outro, pero sempre seguen un procedemento repetible e unha análise lóxica dos resultados.[6] Un neno pode levar a cabo experimentos básicos, por exemplo, para entender a natureza da gravidade,[1][2] mentres que un equipo de científicos pode estar a investigar sistematicamente durante anos para avanzar no coñecemento dun fenómeno. O uso dos experimentos varía considerablemente entre as ciencias naturais e sociais; con respecto á primeira, o experimento constitúe un dos elementos clave do método científico.[7]

Cada repetición do experimento denomínase proba[8] ou ensaio.[9]

  1. 1,0 1,1 "Els nadons aprenen i pensen com els científics" (en catalán). 2012-10-22. Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  2. 2,0 2,1 "L'experimentació durant l'etapa infantil" (en catalán). 2016-07-16. Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para experimento.
  4. "Definició d' experiment, significat d' experiment en català". Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  5. "EXPERIMENT | meaning in the Cambridge English Dictionary" (en inglés). Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Definición de experimento — Definicion.de" (en castelán). Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  7. "Què és el Mètode Científic?" (en castelán). 2013-01-15. Consultado o 16 de decembro do 2019. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proba.
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ensaio.

Developed by StudentB