Fala de Estremadura

Fala de Estremadura
'Fala'
Falado en: España
Rexións: Val de Xálima (As Ellas, San Martiño de Trebello e Valverde do Fresno)
Total de falantes: 4.540 no Val de Xálima (2007)
8.000 aprox. en total
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Galaico-portugués
         Fala de Estremadura
Códigos de lingua
ISO 639-1: fax
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: fax
SIL: FAX
Mapa
Linguas de Estremadura
Status

A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, galego estremeño ou galego do Val do Ellas polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa[1] falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito [2], a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima.[3][4][5][6] O Ethnologue recólleo como unha lingua[7] e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.

Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val:

  1. José Enrique Gargallo Gil Gallego-portugués, iberorromance. La fala en su contexto peninsular. Limite. Vol. 1, 2007, páxina 32. O único autor que discrepa é José Martín Durán, para quen a fala entra no dominio astur-leonés: A fala. Un dialecto leonés en tierras de Extremadura (1999)
  2. Xosé-Henrique Costas González Tipoloxía das falas do Val do río Ellas en Actas do XV Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Linguística , Universidade de Faro, 1999, pp 98-111
  3. Francisco Fernández Rei As falas de Xálima e a súa relación coa lingua galega en Actas del I Congreso sobre A Fala. Mérida: Editora Regional Extremeña, 2000, pp. 107-140.
  4. Xosé-Henrique Costas González Valverdeiro, lagarteiro e mañego: O “galego” do Val do Río Ellas (Cáceres), in Fernández Rei, F. / Santamarina, A. (eds.): Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1999, páxina 88.
  5. José Enrique Gargallo Gil, op. cit., páxina 34
  6. Juan Carrasco González Las hablas de Jálama entre los dialectos extremeños fronterizos en Actas del I Congreso sobre A Fala, 2000, páxina 151
  7. Ficha do Ethnologue para a Fala

Developed by StudentB