Felis silvestris lybica

Felis silvestris lybica
Gato montés africano
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Felis''
Especie: F. silvestris
Subespecie: F. s. lybica
Nome trinomial
Felis silvestris lybica
(Forster), 1780

Felis silvestris lybica é unha subespecie de gato montés que vive no norte de África, Península Arábiga e Oriente Medio, que segundo evidencias xenéticas, morfolóxicas e arqueolóxicas podería ser a orixe do gato doméstico, que foi desbravado hai de 9 000 a 10 000 anos na rexión do Crecente Fértil do Oriente Medio, coincidindo co desenvolvemento da agricultura e a necesidade de protección contra os roedores que se alimentaban do gran[2].

A cor da súa pelaxe vai do marrón area ao gris esbrancuxado, con listas negras no rabo e pelo máis curto cá subespecie europea, sendo tamén máis pequeno, mide de 45 a 75 cm de longo, o seu rabo de 20 a 38 cm e pesa entre 3 e 6,5 kg.

  1. Yamaguchi, N., Kitchener, A., Driscoll, C. & Nussberger, B. (2015). "Felis silvestris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Driscoll, C. A., Menotti-Raymond, M., Roca, A. L. Hupe, K., Johnson, W. E., Geffen, E., Harley, E. H., Delibes, M., Pontier, D., Kitchener, A. C., Yamaguchi, N., O’Brien, S. J., Macdonald, D. W. (2007). "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519–523

Developed by StudentB