Forever, Michael | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Michael Jackson | ||||
Publicado | 1975 | |||
Gravación | Decembro de 1973 (pista 10); outubro de 1974 – decembro de 1974 | |||
Duración | 33:36 | |||
Xénero(s) | R&B, soul, pop, rock[1] | |||
Selo(s) | Motown | |||
Produtor | Edward Holland, Jr., Brian Holland, Hal Davis, Freddie Perren, Sam Brown III | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Forever, Michael é o cuarto álbum de estudio de Michael Jackson na súa carreira en solitario. O álbum, que foi lanzado en 1975, é o derradeiro que fixo co selo discográfico Motown Records. Forever, Michael foi xeralmente ben considerado polos críticos contemporáneos. Ó contrario que os álbums anteriores de Jackson, este non foi un éxito comercial en todo o mundo. Agás pola posición 101 na Billboard 200 e o 10 na Billboard dos Estados Unidos, o álbum non apareceu en ningunha outra lista musical. Este traballo vendeu máis dun millón de copias en todo o mundo dende o seu lanzamento.[2]