Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. |
République française (fr) | |||||
Himno | La Marseillaise (4 de outubro de 1958) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Liberté, Égalité, Fraternité» | ||||
Epónimo | Francos | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | París (1789–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 68.373.433 (2024) (106,2 hab./km²) | ||||
Xentilicio | francesa, francés | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 643.801 km² | ||||
Auga | 0,3 % | ||||
Bañado por | Canal da Mancha, Océano Atlántico, Mar do Norte e Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Mont Blanc (4.808,72 m) | ||||
Punto máis baixo | Lagoa de Lavalduc (pt) (−10 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Reino de Francia, Rauracian Republic (en) , Republic of Bouillon (en) , Free Cities of Menton and Roquebrune (en) e Reino de Bora Bora (pt) | ||||
Creación | agosto de 843: (Tratado de Verdún) | ||||
Día festivo | Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día da Vitoria en Europa (8 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Día Nacional de Francia (14 de xullo) Asunción de María (15 de agosto) Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Día do armisticio (11 de novembro) Nadal (25 de decembro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República semipresidencialista | ||||
• Presidente da República Francesa | Emmanuel Macron (2017–) | ||||
Órgano executivo | Goberno de Francia | ||||
• Primeiro ministro | Michel Barnier (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da França (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Court of Cassation (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 2.957.879.759.264 $ (2021) | ||||
Orzamento | 455.200.000.000 € (2023) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .fr, .bzh, .re, .wf, .yt (pt) , .pm (pt) , .paris e .alsace (mul) | ||||
Prefixo telefónico | +33 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 15 (en) , 17, 18 e 114 (pt) | ||||
Código de país | FR | ||||
Código NUTS | FR | ||||
Páxina web | service-public.fr | ||||
Francia ( pronunciación (axuda · info)) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación (axuda · info)) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.[1]
Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita co Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.
Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é do tipo capitalista cunha intervención estatal significativa dende o fin da segunda guerra mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.[2]
Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas[3] e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas[4] e membro da OTAN.
Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.
Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.