Francos

Bens da tumba dun aristócrata franco, do período Merovinxio.

Os francos aparecen nos inicios do primeiro milenio nas fontes latinas. O termo designa probabelmente unha liga ou confederación de pobos xermánicos instalados na ribeira dereita do Rin inferior, alén das fronteiras do Imperio Romano, e que non se sometían ao Imperio ou a outro pobo máis importante.[1] O latín francus, franci tende a probar que se chamaban así posto que frank significa "libre" en lingua xermánica. Dado que a raíz frank non pertence á lingua xermánica primitiva, pénsase tamén que podería derivar de frei-rancken (libere vacantes) que significa viaxeiros libres.[2]

  1. Michel Rouche, Clovis, Ediciones Fayard, 1996, p. 75.
  2. Cellarius, Notitias orbis antiqui, Leipzig, 2 volúmenes, 1701, in Schwarz, Remarques sur l'ancienne géographie de Cellarius (Comentarios sobre a antiga xeografía de Cellarius).

Developed by StudentB