Gales

Modelo:Xeografía políticaGales
Cymru (cy) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoHen Wlad Fy Nhadau Editar o valor en Wikidata

Lema«Cymru am byth!»
«Wales Forever!»
«Long live Wales» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°21′N 3°38′O / 52.35, -3.63
EstadoReino Unido Editar o valor en Wikidata
CapitalCardiff (1955–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Blaenau Gwent (pt) Traducir
Caerphilly (pt) Traducir
Cardiff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación3.131.640 (2022) Editar o valor en Wikidata (147,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua galesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie21.218 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoYr Wyddfa (1.085 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creaciónséculo V Editar o valor en Wikidata
Santo padrónDavid de Menevia Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoWelsh Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataEluned Morgan (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Gales , (Escano: 60) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal85.400.000.000 £ (2022) Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.wales (mul) Traducir e .cymru (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-WLS Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUKL Editar o valor en Wikidata

O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.

O ascetismo monástico galés, un sistema lexislativo secular altamente desenvolvido (Cyfraith Hywel) e unha tradición literaria distintiva ilustran un sentido forte da identidade cultural, que emerxeu nos galeses despois da retirada romana de Gran Bretaña no século V. Dos principais principados e reinos que existían en Gales, Gwynedd conservou a independencia ata o século XIII, cando foi conquistado tamén por Inglaterra. Porén, a anexión e a abolición formais da lei galesa non ocorreron ata o século XVI. O País de Gales (con todas as rexións unidas baixo un goberno) nunca foi un estado soberano, aínda que un número de principados rivais seguían sendo independentes ata a conquista inglesa. A partir do século XIX o País de Gales converteuse nunha das rexións máis industralizadas da época, provendo ao imperio británico e ás súas colonias extensas cantidades de carbón e de aceiro. O sector do servizo alcanzou só recentemente á industria como principal sector na economía de Gales. A pesar dun PIB máis baixo que o doutras rexións da Gran Bretaña, o diferencial entre o nivel de vida no País de Gales con outras partes de Gran Bretaña, non é excesivamente pronunciado. A partir do século XX ten lugar un renacemento da conciencia nacional galesa (xunto cun cambio de tendencia no descenso da lingua galesa).


Developed by StudentB