Gastroenterite | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Virus de gastroenterite: A = rotavirus, B = adenovirus, C = Norovirus e D = Astrovirus. As partículas dos virus móstranse co mesmo nivel de aumento para permitir a comparación de tamaños. | |
ICD-10 | A02.0, A08, A09, J10.8, J11.8, K52 |
ICD-9 | 008.8, 009.0, 009.1, 558 |
DiseasesDB | 30726 |
eMedicine | emerg/213 |
MeSH | D005759 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A gastroenterite[1] é unha enfermidade caracterizada pola inflamación (-itis) do tracto gastrointestinal que está composto polo estómago (gastro-) e o intestino delgado (entero-). Os síntomas principais son diarrea, vómito, cólico abdominal e cambras.[2] Aínda que non ten relación coa gripe, é tamén designada incorrectamente por gripe intestinal ou gripe gástrica.
A nivel mundial, a maioría dos casos de gastroenterite en nenos débese ao rotavirus.[3] Nos adultos, as causas máis comúns son o norovirus[4] e a Campylobacter.[5] Hai causas menos comúns, como outros tipos de bacterias (ou as súas toxinas) e parasitos. A súa transmisión pode ocorrer mediante o consumo de alimentos preparados inadecuadamente, de auga contaminada ou a través do contacto físico con persoas infectadas.
O tratamento ten como base unha hidratación axeitada. Para os casos menos graves, isto normalmente faise con sales de rehidratación oral. Nos casos máis graves pode ser necesaria a administración de soro por vía intravenosa. A gastroenterite afecta sobre todo os nenos e nas rexións en vías de desenvolvemento.