O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus),[3][4] chamado familiarmente micho[5] ou mico,[6] é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Os gatos posúen unha anatomía semellante á doutros félidos, cun corpo forte e flexible, rápidos reflexos, unllas retráctiles afiadas e dentes adaptados para a caza de pequenas presas. Os sentidos de gato entran dentro dun nicho ecolóxico crepuscular e predatorio. Estes animais poden escoitar sons demasiado leves ou cunha frecuencia demasiado alta para o oído humano, como os que emiten os ratos e outros pequenos animais, e poden ver en condicións de escuridade. Ó igual que a maioría de mamíferos, os gatos teñen unha peor visión en cor e un mellor sentido do olfacto que os humanos. Malia ser cazadores solitarios, os gatos son unha especie social, e a súa comunicación inclúe o uso dunha variedade de vocalizacións (por exemplo ronronando ou miañando) ademais da emisión de feromonas e da linguaxe corporal específica.[7]
Debido á veneración polos gatos no antigo Exipto, a crenza popular máis común foi a de atribuír a súa domesticación a esta época e lugar,[8] mais coñécense instancias de domesticación máis temperás que datan do Neolítico, ó redor do ano 7500 a.C.[9] Un estudo xenético de 2007[10] concluíu que tódolos gatos domésticos descenden de gatos salvaxes do Oriente Medio, diverxendo destes ó redor do ano 8000 a.C. no propio Oriente Medio,[8][11] e outro estudo de 2017 confirmou que os gatos domésticos descenden destes primeiros gatos domesticados no Oriente Medio.[12][13] Por outra banda, un estudo de 2016 concluíu que o Prionailurus bengalensis pasara por un proceso de domesticación independente na China ó redor do ano 5500 a.C., malia que esta liña particular de gatos domesticados non deixou traza nas poboacións domésticas actuais.[14][15]
- ↑ ICZN (31 de marzo de 2003). "Opinion 2027 (Case 3010): Usage of 17 specific names based on wild species which are pre-dated by or contemporary with those based on domestic animals (Lepidoptera, Osteichthyes, Mammalia): conserved". Bulletin of Zoological Nomenclature 60 (1): 81–84.
- ↑ "ITIS Standard Report Page: Felis catus domestica". ITIS Online Database. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ Wozencraft, W.C. (2005). "Species Felis catus". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 534–535. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ "ITIS Standard Report Page: Felis catus". ITIS Online Database. Reston, Virginia: Integrated Taxonomic Information System. 2011. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micho.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mico.
- ↑ Moelk, Mildred (Abril de 1944). "Vocalizing in the House-cat; A Phonetic and Functional Study". The American Journal of Psychology 57 (2): 184–205. ISSN 0002-9556. JSTOR 1416947. doi:10.2307/1416947.
- ↑ 8,0 8,1 Wade, Nicholas (2007). "Study Traces Cat's Ancestry to Middle East". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 2 de abril de 2008.
- ↑ Vigne, J. D.; Guilaine, J.; Debue, K.; Haye, L.; Gérard, P. (2004). "Early taming of the cat in Cyprus". Science 304 (5668): 259. PMID 15073370. doi:10.1126/science.1095335.
- ↑ Driscoll, C. A.; Menotti-Raymond, M.; Roca, A. L.; Hupe, K.; Johnson, W. E.; Geffen, E.; Harley, E. H.; Delibes, M.; Pontier, D.; Kitchener, A. C.; Yamaguchi, N.; O'Brien, S. J.; Macdonald, D. W. (2007). "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519–523. Bibcode:2007Sci...317..519D. ISSN 0036-8075. PMC 5612713. PMID 17600185. doi:10.1126/science.1139518.
- ↑ "Oldest Known Pet Cat? 9,500-year-old Burial Found on Cyprus". National Geographic News. National Geographic Society. 2004. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2007. Consultado o 6 de marzo de 2007.
- ↑ Sample, Ian (19 de xuño de 2017). "Africats to the Purr-ymids: DNA study reveals long tale of cat domestication". theguardian.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2017.
- ↑ Ottoni, Claudio; Van Neer, Wim; De Cupere, Bea; Daligault, Julien; Guimaraes, Silvia; Peters, Joris; Spassov, Nikolai; Prendergast, Mary E.; Boivin, Nicole; Morales-Muñiz, Arturo; Bălăşescu, Adrian; Becker, Cornelia; Benecke, Norbert; Boroneant, Adina; Buitenhuis, Hijlke; Chahoud, Jwana; Crowther, Alison; Llorente, Laura; Manaseryan, Nina; Monchot, Hervé; Onar, Vedat; Osypińska, Marta; Putelat, Olivier; Quintana Morales, Eréndira M.; Studer, Jacqueline; Wierer, Ursula; Decorte, Ronny; Grange, Thierry; Geigl, Eva-Maria (2017). "The palaeogenetics of cat dispersal in the ancient world". Nature Ecology & Evolution (Nature Publishing Group) 1 (7): 0139. ISSN 2397-334X. doi:10.1038/s41559-017-0139.
- ↑ Vigne, J.-D.; Evin, A.; Cucchi, T.; Dai, L.; Yu, C.; Hu, S.; Soulages, N.; Wang, W.; Sun, Z. (2016). "Earliest 'Domestic' Cats in China Identified as Leopard Cat (Prionailurus bengalensis)". PLOS One 11 (1): e0147295. Bibcode:2016PLoSO..1147295V. PMC 4723238. PMID 26799955. doi:10.1371/journal.pone.0147295.
- ↑ Grimm, David (27 de xaneiro de 2016). "Were cats domesticated more than once?". sciencemag.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2016.