Georges Léopold Nicolas Frédéric Cuvier, barón de Cuvier, coñecido como Georges Cuvier (leva tamén os nomes de Dagobert e de Chrétien) [1], nado en Montbéliard (Doubs) o 23 de agosto de 1769 e finado en París o 13 de maio de 1832, foi un naturalistafrancés, un dos máis importantes da primeira metade do século XIX. Desenvolveu métodos e programas de investigación en varias áreas da Historia Natural, destacando especialmente como promotor da anatomía comparada e da paleontoloxía.
Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época de Napoleón e tras a restauración dos Borbóns, e foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París. Tamén é famoso por ser o principal enunciador do catastrofismo.
↑Foi denominado Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert Cuvier. Ver:
Mémoires du Baron Georges Cuvier, publicada en inglés por Sarah Lee e en francés por Théodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.9.
"Georges Cuvier", in Louis-François Jéhan, Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402.
"Cuvier (Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert, baron)" in Pierre Larousse, Grand dictionnaire universel du XIXe siècle, Tome Cinquième, Paris, 1869, p.693-694.