Gottfried Wilhelm Leibniz

Modelo:BiografíaGottfried Wilhelm Leibniz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1646 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Leipzig (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1716 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Hannover (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNeustädter Hof- und Stadtkirche St. Johannis (en) Traducir 52°22′16″N 9°43′43″L / 52.37107, 9.7285 Editar o valor en Wikidata
Conselho Áulico (pt) Traducir
1713 –
Conselleiro real
1678 –
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Altdorf (pt) Traducir (1666–1667)
Universidade de Jena (1663–1663)
Universidade de Leipzig - filosofía, dereito (1661–1666)
Alte Nikolaischule (Leipzig) (en) Traducir (1653–1661)
Thomasschule zu Leipzig (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académica:
Casibus Perplexis In Jure (en) Traducir (1666)
Disputatio Arithmetica De Complexionibus (en) Traducir (1666) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática e apologética cristã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena (1712–1714)
Wolfenbüttel (1690–)
Hannover (1676–)
Roma
París
Leipzig
Altdorf bei Nürnberg
Berlín
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, zoólogo, enxeñeiro, poeta, diplomatista (pt) Traducir, arquiveiro, xeólogo, biólogo, consultor político (pt) Traducir, filósofo do dereito, escritor, tradutor, filósofo, físico, xurista, teórico da música, diplomático, bibliotecario, historiador, musicólogo, lóxico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoRacionalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJakob Thomasius (pt) Traducir, Bartholomäus Leonhard von Schwendendörffer (pt) Traducir, Erhard Weigel (pt) Traducir e Christiaan Huygens Editar o valor en Wikidata
AlumnosJakob Bernoulli, Johann Bernoulli (pt) Traducir e Rafael Levi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoNicolas Malebranche e Christian Wolff Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisFriedrich Leibniz Editar o valor en Wikidata  e Catharina Schmuck Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:14 : Куна — Ломами, sec:Лейбниц Готфрид Вильгельм, p.268-270)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX967786 Dialnet: 137440 Musicbrainz: df6939f9-b49b-45b8-9983-728fe32725c9 Discogs: 1115535 WikiTree: Leibniz-1 Find a Grave: 12167 Editar o valor en Wikidata

Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un polímata filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán, un dos grandes pensadores dos séculos XVII e XVIII, e recoñéceselle como o «último xenio universal», isto é, a última persoa que puido formarse suficientemente en todos os campos do coñecemento; despois xa só houbo especialistas. Realizou profundas e importantes contribucións nas áreas da metafísica, epistemoloxía, lóxica, filosofía da relixión, así como na matemática, física, xeoloxía, xurisprudencia e historia. Incluso Denis Diderot, o filósofo deísta francés do século século XVIII, cuxas opinións non poderían estar en maior oposición ás de Leibniz, non podía evitar sentirse sobrecollido ante os seus logros, e escribiu na Encyclopédie: «Quizais nunca haxa un home que lese tanto, estudado tanto, meditado máis e escrito máis que Leibniz… O que elaborou sobre o mundo, sobre Deus, a natureza e a alma é da máis sublime elocuencia. Se as súas ideas fosen expresadas co olfacto de Platón, o filósofo de Leipzig non cedería en nada ao filósofo de Atenas».[1]

De feito, o ton de Diderot é case de desesperanza noutra observación, que contén igualmente moita verdade: «Cando un compara os seus talentos cos de Leibniz, un ten a tentación de tirar todos os seus libros e ir morrer silenciosamente na escuridade dalgún recuncho esquecido». A reverencia de Diderot contrasta cos ataques que outro importante filósofo, Voltaire, lanzaría contra o pensamento filosófico de Leibniz, consecuencia do aprecio que sentía por Newton e do desprezo que sentía polo optimismo en que desembocaba o seu sistema filosófico. A pesar de recoñecer a vastedade da obra deste, Voltaire sostiña que en toda ela non había nada útil que fose orixinal, nin nada orixinal que non fose absurdo e risible.

Ocupa un lugar igualmente importante tanto na historia da filosofía como na da matemática. De maneira independente ao traballo de Newton (quen o desenvolvera 10 anos antes pero non o publicara debido ao seu trauma pola crítica que unha vez lle fixera Robert Hooke) desenvolveu o cálculo infinitesimal e a súa notación que é a que se emprega desde entón.[2][3] Tamén inventou o sistema binario, fundamento virtual de todas as arquitecturas das computadoras actuais.[4] Foi un dos primeiros intelectuais europeos que recoñeceron o valor e a importancia do pensamento chinés e de China como potencia desde todos os puntos de vista.[5][6]

René Descartes, Baruch de Spinoza e Leibniz integran a terna dos tres grandes racionalistas do século XVII. A súa filosofía vincúlase tamén coa tradición escolástica e anticipa a lóxica moderna e a filosofía analítica. Leibniz fixo así mesmo contribucións á tecnoloxía e anticipou nocións que apareceron moito máis tarde en bioloxía, medicina, xeoloxía, teoría da probabilidade, psicoloxía, enxeñería e ciencias da computación. As súas contribucións a esta vasta lista de temas recóllese en diarios e en decenas de miles de cartas e manuscritos inéditos. Ata o momento, non se realizou unha edición completa dos seus escritos, e por iso non é posible aínda facer un reconto integral dos seus logros.[7]

Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do cálculo Integral e da regra do produto.

Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.

  1. Diderot, Vol. 9, p. 379.
  2. Durán, Antonio (16 de agosto de 2017). "Científicos en guerra: Newton, Leibniz y el cálculo infinitesimal". Diario El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal (html) o 16 de agosto de 2017. Consultado o 21 de xuño do 2023. O certo é que Newton e Leibniz descubriran o cálculo de forma independente. Newton entre 1666 e 1669, e para 1671 xa tiña escritos dous libros. Deunos a coñecer só a un grupo de colegas, pero non os publicou –dáballe pánico que as súas obras puidesen ser criticadas–; de feito o primeiro deses libros non se publicou ata 1704 e o segundo ata 1736 –nove anos despois de morto Newton!–. Leibniz descubriu o cálculo uns anos máis tarde que Newton, entre 1675 e 1676, nos dous últimos anos dos case cinco que pasou en París. Pero publicou os seus descubrimentos antes, en 1684 e 1686. As versións do cálculo de Newton e Leibniz foron conceptualmente distintas, e os seus conceptos fundamentais lixeiramente diferentes aos nosos. 
  3. Nuñez, Otto (2 de xaneirode 2017). "¿Quién inventó el cálculo infinitesimal?". Vix Com (en castelán). Arquivado dende o orixinal (html) o 2 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de xuño do 2023. En Alemaña, un xenio, robusto, de gran altura e de bo carácter, con apenas tres anos menos que Newton, lograra no ano 1676 concibir o mesmo cálculo e fíxoo público inmediatamente, sen facer referencias a Newton. Leibniz (aínda que sen dispoñer de axuda algunha de Newton) sabía que este xa tiña no seu poder o mesmo traballo. 
  4. Jiménez Murillo, José A (2008). Matemáticas para la computación. alfaomega. p. 7. ISBN 978-970-15-1401-6. 
  5. Perkins, Franklin; Perkins, Associate Professor of Philosophy Franklin (19 de febreiro de 2004). Leibniz and China: A Commerce of Light (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-83024-9. Consultado o 21 de xuño do 2023. 
  6. "Discours sur la théologie naturelle des Chinois - Wikisource". fr.wikisource.org. Consultado o 21 de xuño do 2023. 
  7. Arnau, Juan (15 de setembro de 2020). "Leibniz: la mente se crea un cuerpo". Babelia, El País. Consultado o 21 de xuño do 2023. 

Developed by StudentB