Grao centesimal

Transportador de ángulos dividido en graos centesimais e amplitude de 400 g .

O grao centesimal, chamado en lingua inglesa gon[1] e, derivado da lingua francesa, grad (en plural: grads, que non debe confundirse con radiáns) — é unha unidade de medida para ángulos planos, unha alternativa ao grao sesaxesimal e ao radián. O valor dun grao centesimal defínese como o ángulo central subtendido por un arco, cuxa lonxitude é a parte catrocentésima (1/400) dunha circunferencia. O seu símbolo é unha g en minúscula, en superíndice, colocada despois da figura en cuestión; por exemplo, 12,4574 g. O grao centesimal, así como o grao sesaxesimal, non pertencen ao Sistema Internacional de Unidades.

Como a circunferencia está dividida en 400 gon, por exemplo un ángulo recto é igual a 100 gon, o que nos permite determinar que un grao centesimal é igual a nove décimas de grao sesaxesimal.[2]

A denominación de grao centesimal adoita restrinxirse aos campos especializados da topografía e da enxeñaría civil, onde esta unidade de medida é moi utilizada para definir o valor dos ángulos. As subdivisións do grao centesimal usadas en topografía son denominadas en portugués e castelán centigon e o miligon (mgon).[3][4]

Gradian úsase nas calculadoras, onde normalmente se representa co termo inglés g-radian.

  1. "Convert Centesimal Second Of Arc to Gons (c SOA to gon)". www.justintools.com (en inglés). Consultado o 2022-10-06. 
  2. [1] "Mecanizado Básico para electromecánica" Escrito por varios autores. páx 101. https://books.google.pt
  3. Thompson (org.), Marco Aurélio (2017-06-18). Wikilivro - 50 Artigos: Trigonometria (en portugués). Clube de Autores. ISBN 978-85-98941-11-0. 
  4. "unit-converter.org - Conversión de unidades de Ángulo como centigon". unit-converter.org (en inglés). Consultado o 2022-10-06. 

Developed by StudentB