Greatest Hits | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de The Cure | ||||
Edición | 21 de novembro do 2001 | |||
Gravación | 1979 - 2001 | |||
Duración | 68:08 69:26 (disco extra) | |||
Xénero(s) | rock gótico, rock alternativo, New Wave, post-punk | |||
Selo(s) | Fiction Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Greatest Hits é un recompilatorio de grandes éxitos da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 21 de novembro do 2001 polo selo Fiction Records. O lanzanmento produciuse despois de que a banda decidise deixar o selo, e Robert Smith accedeu á edición do disco coa condición de que os temas fosen escollidos por el. A banda tamén gravou un álbum especial como disco extra para algunhas versións do álbum. O disco, titulado Acoustic Hits, contén os 18 temas da edición norteamericana regravados usando guitarras acústicas.