Ελλάδα (el) Ελλάς (el) Ελληνική Δημοκρατία (el) | |||||
Himno | Imnos is tin Eleftherian (1865) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Eleutheria i thanatos» | ||||
Epónimo | Gregos | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Atenas (1834–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.482.487 (2021) (79,44 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua grega Grego demótico (pt) lingua grega moderna | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 131.957 km² | ||||
Auga | 2,3 % | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Monte Olimpo (2.919 m) | ||||
Punto máis baixo | foxa de Calipso (−5.269 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de marzo de 1821 (Xuliano) | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Epifanía (6 de xaneiro) Rosenmontag (en) (Easter − 48 days (en) ) Celebration of the Greek Revolution (en) (25 de marzo) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Easter Sunday (en) (22 de marzo) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Asunción de María Día do Non (28 de outubro) Nadal (25 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente da Grécia (pt) | Katerina Sakellaropoulou (pt) (2020–) | ||||
Órgano executivo | Gabinete da Grécia (pt) | ||||
• Primeiro ministro | Kyriakos Mitsotakis (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Helénico (pt) , (Escano: 300) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Court of Cassation (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 214.873.879.834 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gr | ||||
Prefixo telefónico | +30 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 100, 166 (pt) e 199 (pt) | ||||
Código de país | GR | ||||
Código NUTS | EL | ||||
Sitio web | government.gov.gr | ||||
Grecia ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.
Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino,[1] e o Imperio Otomán.[2] Así mesmo, Grecia é o berce da democracia,[3] a filosofía occidental,[4] os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental[5] incluíndo a traxedia e a comedia.
A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981,[6] da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961,[7] e da Axencia Espacial Europea dende 2005.[8] Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son, alén da capital, as principais cidades do país.