Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1965 (59 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Georgetown Georgetown Day School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantante, guitarrista, produtor musical, produtor de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Dischord Records |
Familia | |
Cónxuxe | Kathy Wilcox |
Páxina web | dischord.com… |
|
Guy Picciotto é un músico estadounidense de Washington, D.C. É coñecido por pertencer á banda de rock Fugazi coma vocalista e guitarrista.
A pesar de non estar na formación orixinal de Fugazi, el uniuse á banda nos seus inicios e aparece en todas as súas gravacións de estudio. Picciotto foi tamén o líder da importante banda Rites of Spring de 1984 a 1986.
En maio do ano 2012, xunto co seu compañeiro en Fugazi Ian MacKaye, a revista Spin situouno no número 86 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].