Herri Batasuna (HB) | |
---|---|
Coalición de ANV, ESB (1978 - 1980), HASI, LAIA e Zutik (1999 - 2000) do País Vasco | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Jon Idigoras (Voceiro) |
Mocidades | Jarrai |
Filiación internacional | Ningunha |
Historia | |
Fundación | 1978 (disolta en 2001 ao refundarse en Batasuna) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | independentismo vasco Socialismo |
Outros datos | |
Sede | Pamplona |
Na rede | |
Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.
Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.
Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.
Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai