Historia do alfabeto

A historia do alfabeto comeza no Antigo Exipto, máis dun milenio despois de comezar a historia da escritura. O primeiro alfabeto formal xurdiu cara ao 2000 a. C. para representar a linguaxe dos traballadores semitas en Exipto (ver alfabetos da Idade de Bronce media), e xestouse a partir dos principios alfabéticos contidos nos xeroglíficos exipcios. A maioría dos alfabetos actuais do mundo ou ben descenden directamente desta raíz, por exemplo os alfabetos grego e o latino, ou se inspiraron no seu deseño.[1]

  1. Himelfarb, Elizabeth J. "First Alphabet Found in Egypt", Archaeology 53, Issue 1 (Jan.

Developed by StudentB