Hixiene

Lavado de mans con auga e xabrón

A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que deben aplicar os individuos para o control dos factores que exercen ou poden exercer efectos nocivos sobre a súa saúde. A hixiene persoal é o concepto básico do aseo, limpeza e coidado do noso corpo.

Os seus obxectivos son mellorar a saúde, conservala e previr as enfermidades.

O día 5 de maio foi declarado pola OMS como o Día Mundial da Hixiene das Mans. O lema para a campaña 2022 foi "Únete á Seguridade da Atención Sanitaria. Limpa as mans" [1].

  1. "5 de Maio 2022. Celebración do Día Mundial da Hixiene das Mans". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-26. 

Developed by StudentB