Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
IRC son as siglas de Internet Relay Chat ("retransmisión de charla por Internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais".
O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet. IRC fíxose popular durante a tentativa de golpe de estado na Unión Soviética de 1991, cando se silenciaron os demais medios de comunicación.
O IRC é un protocolo aberto que utiliza TCP e, opcionalmente, SSL. Un servidor de IRC pode ligar con outros servidores de IRC para expandir a rede. Os usuarios acceden ás redes de IRC ligando o seu cliente cun servidor. Existen moitas aplicacións clientes e servidores, como mIRC. A maioría dos servidores de IRC non esixen que os usuarios se rexistren pero si que escolla un nick.
O IRC é un protocolo de texto sinxelo, o que significa que é completamente posíbel (aínda que incómodo) utilizar IRC mediante un cliente básico de byte-stream como netcat ou telnet. Porén, o protocolo só utiliza unha versión lixeiramente mencionada do ASCII e non fornece a posibilidade de incluír caracteres que non estean neste conxunto de caracteres en texto, o que ten resultado en que se empreguen moitas codificacións de caracteres distintas e incompatíbeis, como ISO 8859-1 ou UTF-8.