Isle of Man (en) Mannin (gv) | |||||
Himno | Arrane Ashoonagh dy Vannin | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Quocunque Jeceris, Stabit» «Wohin du es auch wirfst, es wird stehen» «Whithersoever you throw it, it will stand» «Където и да го хвърлиш, ще стои» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Douglas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.314 (2016) (145,65 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua manx | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 572 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Snaefell (621 m) | ||||
Creación | 10 de maio de 1765: Dependencia da Coroa británica causado por Lei de compra da Illa de Man de 1765 | ||||
Organización política | |||||
• Señor | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
Órgano executivo | Goberno da Illa de Man | ||||
• Ministro xefe da Illa | Howard Quayle | ||||
Órgano lexislativo | Tynwald , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .im | ||||
Prefixo telefónico | +44 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 999 | ||||
Código de país | IM | ||||
Páxina web | gov.im |
A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin[1]), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é o Rei Carlos III, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.
A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten grande influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103.[2] Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte de Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.