Territory of Christmas Island (en) | |||||
Himno | Advance Australia Fair | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Advance Australia Fair» | ||||
Epónimo | Nadal | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Australia | ||||
Capital | Flying Fish Cove | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.692 (2021) (12,53 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 135 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 234 m | ||||
Punto máis alto | Murray Hill, Christmas Island (en) (361 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de outubro de 1958: Territorio externo de Australia | ||||
Organización política | |||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Christmas Island (en) | ||||
Moeda | Dólar australiano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cx | ||||
Prefixo telefónico | 0851 e 0891 | ||||
Código de país | CX | ||||
Sitio web | shire.gov.cx |
Illa de Nadal, coñecida oficialmente como o Territorio da illa de Nadal, é un territorio exterior australiano que comprende a illa do mesmo nome. Está situado no océano Índico, a uns 350 km. ao sur de Xava e Sumatra e ao redor de 1550 km. ao noroeste do punto máis próximo do continente australiano. Atópase a 2600 km ao noroeste de Perth e a 1327 km. ao sur de Singapur. Ten unha superficie de 135 km².
A illa Nadal tiña unha poboación de 1.843 habitantes en 2016,[1] a maioría viven en asentamentos no extremo norte da illa. O asentamento principal é Flying Fish Cove (tamén coñecida como Kampong), xunto a Silver City Poon Saan e Drumsite. Historicamente, os australianos asiáticos de orixe chinés, malaio e indio formaron a maioría da poboación.[2][3] Hoxe en día, calcúlase que preto de dous terzos da poboación da illa son de orixe Chinés do Estreito (aínda que só o 21,2% da poboación declarou ascendencia chinesa en 2016),[1] cun número significativo de malaios e australianos europeos e un número menor de indios do estreito e eurasiáticos. Están en uso varias linguas, incluíndo inglés, malaio e varios dialectos chineses. O islam e o budismo son as relixións principais da illa. A cuestión da relixión no censo australiano é opcional e o 28% da poboación non declara as súas crenzas relixiosas, se as teñen.[4]
O primeiro europeo en avistar a illa de Nadal foi Richard Rowe do Thomas en 1615. O capitán William Mynors chamouna polo día de Nadal (25 decembro) de 1643. Habitouse por primeira vez a finais do século XIX.[5] O illamento xeográfico da illa de Nadal e a historia de mínimas perturbacións humanas da xeografía provocaron un alto nivel de endemismo entre a súa flora e fauna, que é de interese para científicos e naturalistas.[6] A maioría (63 por cento) da illa está incluída no Parque Nacional da Illa de Nadal, que conta con varias áreas de bosque monzónico primario. O fosfato, depositado orixinalmente como guano, foi extraído na illa desde 1899.