Illas Tanimbar

Modelo:Xeografía físicaIllas Tanimbar
(id) Kepulauan Tanimbar Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMolucas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia das Molucas, Indonesia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBanda Sea Islands moist deciduous forests (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°30′S 131°30′L / -7.5, 131.5
Bañado porMar de Banda Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude49 m Editar o valor en Wikidata
Superficie5.430 km² Editar o valor en Wikidata
Cacatúa de Tanimbar

As Tanimbar (ou Timor Laut) son un grupo de 66[1] illas pertencentes a Indonesia, dentro da provincia das Molucas.

De 5.500 km² e uns 60.000 habitantes, atópanse entre Timor e Nova Guinea. A illa principal é Yamdena, de 2.900 km², onde se atopa Saumlaki, a localidade máis importante; outras das maiores illas son Selaru e Larat. Nelas cultívanse millo, arroz, batata, manga e papaia. Tamén hai pesca de nácara e trepang.

Como o resto de illas orientais indonesias, as Tanimbar pertencen a área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. Atópanse especies como a rara cacatúa de Tanimbar (Cacatua goffini), a curuxa de Tanimbar (Tyto sororcula) ou o Tiliqua Scincoides chimaerea.

As illas Tanimbar foi de sempre unha área illada. Aínda que nominalmente holandesa durante séculos, os holandeses non a pacificaron ata comezos do século XX. Ata 1979 cada vila gobernábase arredor dun gobernante hereditario.[2]

  1. Susan McKinnon From a Shattered Sun: Hierarchy, Gender, and Alliance in the Tanimbar Islands, 1991, ISBN 0299131548, páxina 4
  2. David G. Anderson e Eeva K. Berglund Ethnographies of Conservation, 2004 ISBN 1571816968, páxina 53

Developed by StudentB