Immanuel Kant

Modelo:BiografíaImmanuel Kant

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Emanuel Kant Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1724 Editar o valor en Wikidata
Königsberg (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1804 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Königsberg (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Königsberg Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKönigsberg (1880–1893) Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (1740–1746)
Collegium Fridericianum (1732–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpistemoloxía, metafísica e Ética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, pedagogo, profesor universitario, matemático, escritor, físico, bibliotecario, antropólogo, filósofo do dereito Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía do século XVIII Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Königsberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoIdealismo alemán e Ilustración Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMartin Knutzen e Johann Gottfried Teske Editar o valor en Wikidata
AlumnosJacob Sigismund Beck, Christian Jakob Kraus, Johann Gottlieb Fichte e Marcus Herz Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoAnton Friedrich Justus Thibaut, Marcus Herz, Johann Gottlieb Fichte e Karl Leonhard Reinhold Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisJohann Georg Kant Editar o valor en Wikidata  e Anna Regina Kant Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кант Иммануил)
Allgemeine Deutsche Biographie
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Allocine: 37046
BNE: XX1002482 iTunes: 262893504 Musicbrainz: 871df78f-da37-417c-a898-a5de1f9a7ef0 IMSLP: Category:Kant,_Immanuel WikiTree: Kant-32 Find a Grave: 1471 Editar o valor en Wikidata

Immanuel Kant[1], nado en Königsberg o 22 de abril de 1724 e finado na mesma vila o 12 de febreiro de 1804, foi un filósofo prusiano considerado a figura central da filosofía moderna.[2][3][4][5] Kant sostivo que a mente humana crea a estrutura da experiencia humana, que a razón é a fonte da moral, que a estética xorde dunha facultade de xuízo desinteresado, que o espazo e tempo son formas da nosa sensibilidade e que o mundo tal como é «en si» é independente dos nosos conceptos sobre el. Kant provocou unha revolución copernicana da filosofía, semellante ao xiro de Copérnico da crenza milenaria de que o Sol xiraba en torno á Terra. As súas crenzas continúan a ter unha grande influencia na filosofía contemporánea, especialmente nos eidos da metafísica, epistemoloxía, ética, teoría política e estética.

Kant na súa fase crítica buscou «inverter» a orientación da filosofía precrítica amosando como os problemas tradicionais da metafísica poden ser superados supondo que o acordo entre a realidade e os conceptos que empregamos para a concibir xorde non porque os nosos conceptos mentais teñan vindo a reflectir a realidade de xeito pasivo, senón porque a realidade debe axustarse aos conceptos activos da mente humana para seren concibibles e en todo o posible para que nós experimentar. Así, Kant consideraba as categorías da mente humana como a «condición de posibilidade» transcendental para calquera experiencia.[4]

Politicamente, Kant foi un dos primeiros expoñentes da idea de que a paz perpetua podería ser asegurada a través da democracia universal e da cooperación internacional. Cría que este sería o resultado final da historia universal, aínda que non estaba planteado racionalmente.[6] A natureza exacta das ideas relixiosas de Kant continúa a ser obxecto dunha disputa filosófica especialmente acalorada, con puntos de vista que van dende a idea de que Kant foi un expoñente temperán e radical do ateísmo que finalmente estoupou o argumento ontolóxico da existencia de Deus, os tratamentos máis críticos representados por Nietzsche que afirmaban que Kant tiña «sangue teolóxico»[7] e que Kant era simplemente un apoloxista sofisticado para a crenza relixiosa cristiá tradicional, escribindo que «Kant quería probar, dun xeito que confundise o home común, que o home común tiña razón: esa era a charabisca secreta desta alma».[8]

Na obra principal de Kant, Kritik der reinen Vernunft (Crítica da razón pura, 1781)[9], tentou explicar a relación entre a razón e a experiencia humana e de ir alén dos fracasos da filosofía e a metafísica tradicionais. Kant quería pór fin a unha era de teorías inútiles e especulativas da experiencia humana, resistindo o escepticismo de pensadores coma David Hume. Kant considerábase que remataba e amosaba o camiño máis aló do estancamento que a filosofía moderna levara entre os racionalistas e os empiristas[10], así como o sintetizador destas dúas tradicións modernas temperás no seu pensamento.[4]

Kant argumentou que as nosas experiencias están estruturadas polas características necesarias das nosas mentes. Na súa opinión, a mente modela e estrutura a experiencia de xeito que, nun nivel abstracto, toda a experiencia humana comparte certos trazos estruturais esenciais. Entre outras cousas, Kant cría que os conceptos de espazo e tempo son parte integral de toda experiencia humana, ao igual que os nosos conceptos de causa e efecto.[11] Unha consecuencia importante deste punto de vista é que a nosa experiencia das cousas é sempre do mundo fenoménico tal como o transmite os nosos sentidos: non temos acceso directo ás cousas en si mesmas, o chamado mundo noumenal. Kant publicou outras obras importantes sobre ética, relixión, dereito, estética, astronomía e historia. Estas inclúen Die Metaphysik der Sitten (Metafísica dos costumes, 1797), que trata a ética, e Kritik der Urteilskraft (Crítica do xuízo, 1790), onde aborda a estética e a teoloxía.

Kant apuntaba a resolver disputas entre enfoques empíricos e racionalistas. O primeiro afirmou que todo coñecemento vén a través da experiencia; o último sostiña que a razón e as ideas innatas eran prioritarias. Kant argumentou que a experiencia é puramente subxectiva sen ter sido procesada pola razón pura. Tamén dixo que empregar a razón sen aplicala á experiencia só conduce a ilusións teóricas. O exercicio libre e adecuado da razón polo individuo foi un tema tanto da Ilustración coma dos enfoques de Kant aos diversos problemas da filosofía. As súas ideas influíron a moitos pensadores de Alemaña durante a súa vida, e moveu a filosofía alén do debate entre os racionalistas e os empiristas.

  1. "Kant, Immanuel". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1164. 
  2. Jankowiak, Tim. "Immanuel Kant". Internet Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  3. McCormick, Matt. "Immanuel Kant: Metaphysics". Internet Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 20 de febrero de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Rohlf, Michael (2020). Zalta, Edward N., ed. Immanuel Kant. The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2020 ed.) (Metaphysics Research Lab, Stanford University). Consultado o 27 de mayo de 2020. 
  5. "Glossary of People: Kant". www.marxists.org. Marxists Internet Archive Encyclopedia. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  6. Idee zu einer allgemeinen Geschichte in weltbürgerlicher Absicht.
  7. Nietzsche, Friedrich (1888). Der Antichrist, Fluch auf das Christentum. 
  8. Nietzsche, Friedrich (1977). The Portable Nietzsche. Penguin Books. ISBN 978-0140150629. 
  9. Kant, Immanuel (1996). Critique of Pure Reason. Hackett. ISBN 978-0872202573. 
  10. Vanzo, Alberto (2013). "Kant on empiricism and rationalism". History of Philosophy Quarterly 30 (1): 53–74. ISSN 0740-0675. 
  11. Warburton, Nigel (2011). A Little History of Philosophy. Yale University Press. ISBN 0300152086. 

Developed by StudentB