Их Монгол улс (mn) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Shangdu Avarga (1206–1235) Karakorum (1235–1260) Khanbaliq (1271–1368) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 160.000.000 (1279) (40 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Linguas mongólicas | |||
Relixión | Tengrismo, Xamanismo, budismo, Nestorianismo e Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 4.000.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1206 | |||
Disolución | 1368 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Dinastía Ming | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía electiva monarquía hereditaria | |||
• Gran Khan | Xenxis Khan (1206–1227) Ögödei (1229–1241) Güyük (1246–1248) Mongke (1251–1259) Khublai Khan (1260–1294) Toghon Temür (1333–1368) | |||
Órgano lexislativo | Kurultai , | |||
Moeda | Balysh | |||
O Imperio Mongol (en mongol, Монголын Эзэнт Гүрэн) dos séculos XIII e XIV foi o segundo imperio máis extenso da historia[1] e o maior dos imperios constituídos por territorios continuos.[2][3][4][5][6]
Orixinario da actual Mongolia na Asia Oriental, o imperio mongol no seu apoxeo estendíase desde o mar do Xapón ata zonas da Europa Oriental, estendéndose cara ao norte ata zonas do Ártico;[7] cara ao leste e o sur ata zonas do subcontinente indio, tentou invasións do sueste asiático e conquistou a meseta iraniana; e cara ao oeste ata o Levante e os montes Cárpatos.
O imperio mongol xurdiu da unificación de varias tribos nómades na patria mongol baixo o liderado de Temüjin, coñecido polo título máis famoso de Xenxis Khan (c. 1162-1227), a quen un consello proclamou gobernante de todos os mongoles en 1206. O imperio creceu rapidamente baixo o seu mandato e o dos seus descendentes, que enviaron exércitos invasores en todas direccións. O vasto imperio transcontinental conectaba o Oriente co Occidente, e o Pacífico co Mediterráneo, nunha forzada Pax Mongolica', que permitía o intercambio de comercio, tecnoloxías, mercadorías e ideoloxías a través de Eurasia.
O imperio comezou a dividirse debido ás guerras pola sucesión, xa que os netos de Xenxis Khan disputábanse se a liña real debía seguir do seu fillo e herdeiro inicial Ögödei ou dalgún dos seus outros fillos, como Tolui, Chagatai ou Jochi. Os toluíes impuxéronse tras unha sanguenta purga das faccións ogedeí e chagatayí, pero as disputas continuaron entre os descendentes de Tolúi. Unha razón clave da escisión foi a disputa sobre se o imperio mongol converteríase nun imperio sedentario e cosmopolita, ou se mantería fiel ao estilo de vida nómade e baseado na estepa mongol.
Tras a morte de Möngke Khan (1259), os consellos rivais kurultai elixiron simultaneamente a diferentes sucesores, os irmáns Ariq Böke e Khublai Khan, que loitaron entre si na guerra civil toluida (1260-1264) e tamén se enfrontaron aos desafíos dos descendentes doutros fillos de Xenxis.[8][9] Kublai fíxose co poder, pero a guerra continuou cando tentou sen éxito recuperar o control das familias chagatayid e ögedeid. Á morte de Kublai en 1294, o imperio mongol fraccionarase en catro Khanatos ou imperios separados, cada un perseguindo os seus propios intereses e obxectivos: o khanato da Horda de Ouro no noroeste, o khanato de Chagatai na Asia central, o khanato de Ilkhan no suroeste e a dinastía Yuan.[n. 1] no leste, con sede na actual Pequín.[14] En 1304, durante o reinado de Temür, os tres Khanato occidentais aceptaron a soberanía da dinastía Yuan.[15][16]
A parte do imperio que caeu primeiro foi o Ilkhanato, que se desintegrou no período de 1335-1353. A continuación, a dinastía Yuan perdeu o control da meseta tibetana e da China en 1354 e 1368, respectivamente, e derrubouse despois de que a súa capital de Dadu fose tomada polas forzas dos Ming. Os gobernantes xenxisíes dos Yuan retiráronse ao norte e continuaron gobernando a meseta mongol. A partir de entón, o réxime coñécese na historiografía como a dinastía Yuan do Norte. A finais do século XV, a Horda de Ouro dividiuse en khanatos rivais e foi derrotada e expulsada da Europa oriental en 1480 polo Gran Ducado de Moscova, mentres que o khanato Chagatai perdurou dunha forma ou outra ata 1687.
El imperio mongol de los siglos XIII-XIV fue el más extenso que jamás haya existido.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente