Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Imperium Romanum (la) Βασιλεία τῶν Ῥωμαίων (grc) | |||||
Epónimo | Roma e Provincia de Imperia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Milán (395–402) Rávena (402–476) Constantinopla (476–1453) Roma (27 a. C.–395) Roma (valor descoñecido–476) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 87.500.000 (14,69 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua latina Grego antigo | ||||
Relixión | relixión na Roma antiga, cristianismo, paganismo e arianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.957.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Octavio Augusto | ||||
Disolución | 17 de xaneiro de 395 | ||||
Sucedido por | Imperio Romano de Occidente e Imperio Bizantino | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | autocracia monarquía Tetrarquía triunvirato monarquía absoluta | ||||
• Xefe do goberno | sen valor | ||||
Órgano lexislativo | Senado do Imperio Romano , | ||||
Moeda | moeda da Antiga Roma | ||||
O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara. A súa superficie máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².
O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.
Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.