In Utero

In Utero
Álbum de Nirvana
Publicado13 de setembro de 1993
Gravaciónfebreiro de 1993
Estudio(s)Pachyderm Studio en Cannon Falls, Minnesota
Duración41:11
Xénero(s)grunge
Selo(s)DGC Records
ProdutorSteve Albini
Cronoloxía
Nevermind In Utero -
Na rede
Spotify: 7wOOA7l306K8HfBKfPoafr Discogs: 13859 Allmusic: mw0000097301 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

In Utero é o terceiro e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 13 de setembro de 1993 a través do selo DGC Records. Nirvana procurou que o disco fose significativamente distinto á puída produción do seu anterior traballo, Nevermind. Para conseguir un son máis abrasivo e natural a banda contratou ao produtor Steve Albini para gravar In Utero.

Despois do seu lanzamento In Utero no número 1 da lista Billboard 200 recibindo moi boas críticas polo seu distanciamento con respecto a Nevermind. O disco foi certificado platino cinco veces pola RIAA e vendeu uns catro millóns de copias só nos Estados Unidos. O traballo foi elixido quinto mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1] e sétimo por Kerrang![2]. Tamén entrou na lista dos 40 mellores álbums do ano para os críticos de Melody Maker, que o situaron no número 26[3]. A publicación en liña Pitchfork Media situouno no número 13 da súa lista dos mellores álbums dos 90.[4]

  1. Álbums do ano para Alternative Press
  2. "Álbums do ano para Kerrang!". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2012. 
  3. "Lista dos mellores álbums para os críticos de Melody Maker". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 03 de marzo de 2012. 
  4. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 9". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-16. 

Developed by StudentB