En gramática, inesivo é o nome dun caso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposición en ou con dentro de.
Por exemplo, en turco evlerimde significa 'dentro das miñas casas', de ev 'casa'. En finés, 'na casa' é talo·ssa, maja·s en estoniano, etxea·n en éuscaro e ház·ban en húngaro.