Éire (ga) Ireland (en) | |||||
Himno | Amhrán na bhFiann | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Illa de Irlanda | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Dublín | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.149.139 (2022) (73,77 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua irlandesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 69.797 km² | ||||
Punto máis alto | Carrauntoohil (pt) (1.038,6 m) | ||||
Punto máis baixo | North Slob (en) (−3 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de decembro de 1937 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república Estado unitario | ||||
• Presidente | Michael D. Higgins (2011–) | ||||
Órgano executivo | Goberno Irlandés | ||||
• Taoiseach | Micheál Martin (pt) (2020–2022) Leo Varadkar (2022–2024) Simon Harris (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Irlanda , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal da Irlanda (pt) | ||||
Membro de | Agência Internacional de Energia (pt) Organización Mundial da Saúde Nordic Battle Group (en) ../... 31+ | ||||
PIB nominal | 504.182.603.276 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ie | ||||
Prefixo telefónico | +353 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | IE | ||||
Código NUTS | IE | ||||
Sitio web | gov.ie |
Irlanda[1] ( pronunciación (axuda · info)) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación (axuda · info)) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.
A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).