Ivy League

Mapa das universidades da Ivy League
Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia

A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[1][2][3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social.[4][5][6][7][8] Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown, Universidade de Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.

Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.

Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[13][14]

  1. "Around the Ivies: Ancient Eight History". The Harvard Crimson. 
  2. "The Beginning of the Ancient Eight". The Cornell Daily Sun. 
  3. "Modernizing the Ancient Eight". Yale Daily News. 
  4. "Princeton Campus Guide – Ivy League". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2010. Consultado o 26 de abril de 2007. 
  5. "The Benefits of the Ivy League – Crimson Education US". www.crimsoneducation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  6. Vedder, Richard. "Does Attending Elite Colleges Make You Happy? Lessons From The Admissions Scandal". Forbes (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  7. Gladwell, Malcolm. "Getting In". The New Yorker (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  8. "Joint Ivy Statement on Admission Policies". Princeton University Admission (en inglés). 2 de setembro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  9. "Ivy League History and Timeline". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  10. "World's Best Colleges". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 3 de xullo de 2009. 
  11. "National University Rankings". U.S. News & World Report. Consultado o 6 de decembro de 2019. 
  12. "U.S. News & World Report Historical Liberal Arts College and University Rankings". Datasets. Andrew G. Reiter. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  13. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  14. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018. 

Developed by StudentB