Joule

O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s.

Dito doutras formas, a unidade joule pode definirse como:

  • a enerxía cinética (movemento) dun corpo cunha masa de dous quilogramos que se move a unha velocidade dun metro por segundo (m/s) no baleiro.
  • o traballo necesario para mover unha carga eléctrica dun culombio a través dunha tensión (diferenza de potencial) dun voltio. É dicir, un voltio-columbio (V·C).
  • o traballo necesario para producir un vatio (watt) de potencia durante un segundo. É dicir, un vatio-segundo (W·s).

Pode utilizarse para medir calor, a cal é enerxía cinética (movemento en forma de vibracións) a escala atómica e molecular dun corpo.

Toma o seu nome (pronunciado yul) do físico James Prescott Joule. Tamén pode escoitarse dicirlle xulio.


Developed by StudentB