KEGG

KEGG (Kyoto Encyclopedia of Genes and Genomes, Enciclopedia de Xenes e Xenomas de Kyoto) é unha colección de bases de datos sobre xenomas, vías biolóxicas, doenzas, fármacos, e substancias químicas. KEGG utilízase para a investigación bioinformática e educación, incluíndo as análises de datos en xenómica, metaxenómica, metabolómica e outros estudos ómicos, modelaxe e simulación en bioloxía de sistemas, e investigación traducional no desenvolvemento de fármacos.


Developed by StudentB