Karl Marx (década de 1870) |
|
Nacemento | (de) Karl Heinrich Marx 5 de maio de 1818 Tréveris (Reino de Prusia)
|
---|
Morte | 14 de marzo de 1883 (64 anos) Londres (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda)
|
---|
Causa da morte | doenza pulmonar |
---|
Lugar de sepultura | Tomb of Karl Marx (en) , cemiterio de Highgate |
---|
Residencia | Londres (1849–1883) The Swan (en) (1845–1848) París (1843–) Tréveris Berlín |
---|
Grupo étnico | Asquenací |
---|
Relixión | Ateísmo e Antiteísmo |
---|
Educación | Universidade Humboldt de Berlín - xurisprudencia, filosofía (1836–) Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1835–1836) Gimnasium Real Frederick William III (en) (1830–) Universidade de Jena |
---|
Tese académica | A diferença entre a filosofia da natureza de Demócrito e a de Epicuro (pt) (1902 ) |
---|
Director de tese | Bruno Bauer |
---|
|
Campo de traballo | Economía política, socioloxía e filosofía |
---|
Lugar de traballo | Colonia (1848–1849) |
---|
Ocupación | economista, escritor, político, autor, científico social, guionista de cinema, poeta, sociólogo, xornalista, revolucionario, historiador, filósofo, guionista de televisión |
---|
Empregador | Neue Rheinische Zeitung (pt) Rheinische Zeitung (pt) |
---|
Partido político | Liga dos Comunistas |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Friedrich Gottlieb Welcker (pt) |
---|
Influencias | Aristóteles, Epicuro, Lucrecio, Robert Owen, Charles Fourier, Henri de Saint-Simon, Immanuel Kant, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Ludwig Feuerbach, David Ricardo, François Babeuf, Sismondi, Adam Smith |
---|
Pseudónimo literario | Glückskind |
---|
Compañeiro profesional | Friedrich Engels: Karl Marx and Friedrich Engels (en) |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Jenny von Westphalen (1843–1881) |
---|
Fillos | Jenny Longuet, Laura Marx, Edgar Marx, Heinrich Edward Guy Marx, Jenny Evelin Francis Marx, Frederick Demuth, fillo ilexítimo (probabelmente), Eleanor Marx |
---|
Pais | Heinrich Marx e Henriette Presburg |
---|
Irmáns | Emilie Conradi Louise Juta Mauritz David Marx Sophia Marx |
---|
Parentes | Ludwig von Westphalen, sogro |
---|
|
|
marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi
|
|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Маркс Карл) Allgemeine Deutsche Biographie Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
---|
|
Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.
As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario.[1] Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores.[2] Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.[3]
Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado.[4] A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior.[5][6][7] Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna.
- ↑ Marx, K. e Engels, F. (1848).The Communist Manifesto.
- ↑ Karl Marx: Critique of the Gotha Program.
- ↑ Calhoun 2002, pp. 23-24.
- ↑ "Marx the millennium's 'greatest thinker'". BBC News World Online. 1 de outubro de 1999. Consultado o 23 de novembro de 2010.
- ↑ Roberto Mangabeira Unger. Free Trade Reimagined: The World Division of Labor and the Method of Economics. Princeton: Princeton University Press, 2007.
- ↑ John Hicks, "Capital Controversies: Ancient and Modern." The American Economic Review 64.2 (maio de 1974) p. 307: "The greatest economists, Smith or Marx or Keynes, have changed the course of history...".
- ↑ "Karl Marx to John Maynard Keynes: Ten of the greatest economists by Vince Cable". Daily Mail. 16 de xullo de 2007. Consultado o 7 de decembro de 2012.