Commonwealth of Kentucky (en) | |||||
Himno | My Old Kentucky Home (en) (1928) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «United we stand, divided we fall (en) » «Deo gratiam habeamus (en) » | ||||
Símbolo oficial | Cardinalis cardinalis (pt) (aves) | ||||
Alcume | Bluegrass State | ||||
Epónimo | Rio Kentucky (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Frankfort | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.505.836 (2020) (43,05 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.748.053 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 104.659 km² | ||||
Auga | 2,28 % | ||||
Bañado por | Río Mississippi, Río Ohio e Big Sandy River (en) | ||||
Altitude | 230 m | ||||
Punto máis alto | Black Mountain (pt) (1.263 m) | ||||
Punto máis baixo | Condado de Mississippi (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xuño de 1792 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Kentucky (en) | ||||
• Governor of Kentucky (en) | Andy Beshear (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Kentucky , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Kentucky Supreme Court (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-KY | ||||
Identificador GNIS | 1779786 | ||||
Páxina web | kentucky.gov | ||||
Kentucky é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión Sueste do país. O seu nome oficial é Commonwealth of Kentucky. Kentucky atópase no interior do leste dos Estados Unidos. As súas principais fontes de renda son a manufactura de produtos industrializados e o turismo.
Anteriormente, críase que a orixe do nome do estado viña dunha palabra amerindia, que significa "terreo de caza escuro e sanguento", porque as tribos nativas que vivían na rexión cazaban dentro dos densos bosques do estado, e que, moitas veces, estas tribos loitaban entre si nestes bosques.[1] Porén, actualmente crese que a palabra Kentucky pode ser atribuída a numerosos idiomas indíxenas, con varios significados posibles. Algúns destes significados son "terra do mañá", "terra de cana e pavos" e "pradería".[2][3]
A rexión onde está localizada actualmente Kentucky foi colonizada orixinalmente por colonos da colonia británica de Pensilvania, en 1774, pero pasou a ser controlada por Virxinia durante a Revolución Americana de 1776, e converteuse no décimo quinto estado americano en entrar na Unión, o 1 de xuño de 1792.