Kiribati

Modelo:Xeografía políticaKiribati
Ribaberiki ni Kiribati (gil) Editar o valor en Wikidata

HimnoKunan Kiribati (1979) Editar o valor en Wikidata

Lema«Te Mauri, te Raoi ao te Tabomoa»
«I deithwyr» Editar o valor en Wikidata
EpónimoThomas Gilbert e Illas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°28′N 173°02′L / 1.47, 173.03
CapitalTarawa Sur Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación119.438 (2020) Editar o valor en Wikidata (147,27 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua kiribatiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie811 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBanaba (81 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación 12 de xullo de 1979:  causado por Independencia Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataTaneti Maamau (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoManeaba ni Maungatabu (pt) Traducir , (Escano: 45) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal227.610.035 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar de Kiribati Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ki Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+686 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999, 192 (pt) Traducir, 193, 194 e 195 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísKI Editar o valor en Wikidata

Sitio webkiribati.gov.ki Editar o valor en Wikidata
BNE: XX457054

Kiribati,[1][2][3] oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas])[4][5][6] é un arquipélago situado na zona central oeste do océano Pacífico, ao nordeste de Australia. Esténdese a ambos os lados do ecuador e do meridiano 180, aínda que a Liña internacional de cambio de data rodea Kiribati e xira moito cara ao leste, chegando case ao meridiano 150° W. Isto leva as illas máis orientais de Kiribati, as Illas Line ao sur de Hawai, ao mesmo día que as Illas Gilbert e sitúaas na zona horaria máis avanzada da Terra: UTC+14. Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.[7] A poboación permanente supera os 119.000 habitantes (2020), dos cales máis da metade vive no atol de Tarawa. O estado comprende 32 atois e unha remota illa de coral levantada, Banaba. Ten unha superficie total de 811 kilometros cadrados (313 millas cadradas)[8] diseminados nunha área de máis de tres millóns de quilómetros cadrados.

Kiribati logrou a súa independencia do Reino Unido, converténdose nun estado soberano en 1979, un dos seus atois, Kiritimati (Illa Christmas), é o máis grande do mundo. A capital, Tarawa Sur, hoxe a área máis poboada, está formada por unha serie de illotes, conectados por unha serie de calzadas. Estes comprenden preto da metade da área do atol de Tarawa. Antes da súa independencia, o país exportara fosfato, porén, esas minas xa non son viables e son a pesca e a exportación de copra o que impulsa gran parte da economía. Kiribati é un dos países menos desenvolvidos do mundo e depende moito da axuda internacional para a súa economía.

Kiribati é membro da Comunidade do Pacífico (SPC), da Comunidade de Nacións, do FMI, do Banco Mundial, da OACPS e converteuse en membro de pleno dereito das Nacións Unidas en 1999 e tamén membro do Foro das Illas do Pacífico.[9][10][11] Como nación insular, as illas son moi vulnerables ao cambio climático e abordar o cambio climático foi unha parte central da súa política internacional, como membro da Alianza de Pequenos Estados Insulares.

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kiribatiano.
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Kiribati. The World Factbook.
  5. Publications Office — Interinstitutional style guide — Annex A5 — List of countries, territories and currencies. Europa (web portal). Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
  6. "Kiribati profile – Facts". BBC. 23 de maio de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  7. "Which Countries Are Situated In All Four Hemispheres?". World Atlas. 20 de novembro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  8. "Kiribati: 2011 Article IV Consultation-Staff Report, Informational Annexes, Debt Sustainability Analysis, Public Information Notice on the Executive Board Discussion, and Statement by the Executive Director for Kiribati". International Monetary Fund Country Report No. 11/113. 24 de maio de 2011. Consultado o 4 de outubro de 2011. 
  9. En febreiro de 2021, Kiribati anunciou que se retiraría do Foro das Illas do Pacífico nunha declaración conxunta coas Illas Marshall, Nauru e os Estados Federados de Micronesia tras unha disputa sobre a elección de Henry Puna como secretario xeral do Foro.
  10. "Five Micronesian countries leave Pacific Islands Forum". RNZ. 9 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  11. "Pacific Islands Forum in crisis as one-third of member nations quit". The Guardian. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 

Developed by StudentB