Ku Klux Klan

KKK

Marcha de integrantes da KKK en Washington, D.C. en 1928
Organización xenófoba, homófoba, racista, antisemita, anticomunista, anticatólica e terrorista de extrema dereita estadounidense
CreaciónSéculo XIX, despois da Guerra de Secesión
Área de operaciónsEstados Unidos de América Estados Unidos
IdeoloxíaExtrema dereita
StatusActiva

Ku Klux Klan (tamén coñecido como KKK) é o nome de varias organizacións racistas dos Estados Unidos que apoian a supremacía branca e o protestantismo (coñecido tamén como WASP) en detrimento doutras etnias e relixións. O KKK, no seu período máis forte, localizouse principalmente na rexión sur de tal país, en estados como Texas e Mississippi.

O primeiro Ku Klux Klan foi fundado por uns 60 amigos da cidade de Pulaski, Tennessee, en 1865 despois do final da Guerra Civil americana. O seu obxectivo era impedir a integración social dos negros acabados de liberar, como por exemplo adquirir terras, e outros dereitos concedidos aos demais cidadáns, como votar. O nome, cuxo rexistro máis antigo é de 1867, parece derivar da palabra grega kyklos, que significa 'círculo, anel', e da palabra inglesa clan (clan) escrita con K. Debido aos métodos violentos do KKK, existe tamén a hipótese de que o nome se inspirou no son feito cando se arranxa un rifle para disparar.

En 1872 o grupo foi recoñecido como unha entidade terrorista e foi proscrita nos Estados Unidos.

O segundo grupo que utilizou o mesmo nome fundouse en 1915 (algúns relaciónano co lanzamento do filme O Nacemento dunha Nación, naquel mesmo ano) en Atlanta por William J. Simmons. Este grupo creouse como unha organización fraternal e loitou polo dominio dos brancos protestantes sobre os negros, católicos, xudeus e asiáticos, así como outros inmigrantes. Este grupo ficou famoso polos linchamentos e outras actividades violentas contra os seus "inimigos". Crese que chegou a ter uns 4 millóns de membros na década de 1920, incluíndo moitos políticos. A popularidade do grupo caeu durante a Gran Depresión e durante a segunda guerra mundial.


Developed by StudentB