Kuwait

Modelo:Xeografía políticaKuwait
الكويت (ar) Editar o valor en Wikidata

HimnoAl-Nasheed Al-Watani (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°10′00″N 47°36′00″L / 29.16667, 47.6
CapitalCidade de Kuwait Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.464.000 (2020) Editar o valor en Wikidata (250,53 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie17.818 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMutla Ridge (en) Traducir (140 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoGolfo Pérsico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación26 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Emir Editar o valor en WikidataMixal al-Ahmad al-Xabir al-Saba (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Kuwait Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataSabah Al-Khalid Al-Sabah (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Kuwait , (Escano: 50) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal136.797.422.274 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadinar kuwaití Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kw Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+965 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísKW Editar o valor en Wikidata

Páxina webe.gov.kw Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451393

Kuwait[1] (Escoitari/kʊˈwt/;[2][3] árabe: الكويت al-Kuwayt, oficialmente Estado de Kuwait (árabe: دولة الكويت Ar-State of Kuwait.oga Dawlat al-Kuwayt), é un país de Asia Occidental. Está situado no extremo norte de Arabia Oriental na punta do Golfo Pérsico, limitando con Iraq ao norte e Arabia Saudita ao sur.[4] Kuwait tamén comparte fronteira marítima con Irán. Kuwait ten unha lonxitude costeira de aproximadamente 500 km.[5] A maior parte da poboación do país reside na aglomeración urbana da capital Kuwait city.[6] En 2022, Kuwait ten unha poboación de 4´67 millóns de habitantes dos cales 1´85 millóns son cidadáns kuwaitíes mentres que os 2´8 millóns restantes son estranxeiros procedentes de máis de 100 países.

Historicamente, a maior parte do actual Kuwait formaba parte da antiga Mesopotamia.[7][8] Antes do petróleo Kuwait era un porto comercial estratéxico entre Mesopotamia, Persia e a India. As reservas de petróleo foron descubertas en cantidades comerciais en 1938. En 1946, o petróleo cru exportouse por primeira vez.[9][10] Desde 1946 a 1982, o país sufriu unha modernización a grande escala, baseada en gran parte nos ingresos da produción de petróleo. Na década de 1980, Kuwait experimentou un período de inestabilidade xeopolítica e unha crise económica a raíz do crash da bolsa. En 1990, despois de disputas sobre a produción de petróleo co veciño Iraq, Kuwait foi a invadida, e máis tarde anexada a unha das gobernacións de Iraq baixo Saddam Hussein.[11] A ocupación iraquí de Kuwait rematou o 26 de febreiro de 1991, despois da intervención militar dunha coalición militar dirixida polos Estados Unidos e outros países.

Kuwait é un emirato. O Emir é o xefe de estado e Al Sabah é a familia gobernante que domina o sistema político do país. A relixión oficial do estado de Kuwait é o islam. Kuwait é un país en desenvolvemento cunha economía de ingresos altos, apoiada pola sexta maior reserva de petróleo. O dinar kuwaití é a moeda máis valorada do mundo. Kuwait é o quinto país máis rico do mundo por ingreso nacional bruto per cápita.< ref name=usatoday/> En 2009, Kuwait tiña o índice de desenvolvemento humano máis alto do mundo árabe.[12][13] Kuwait ten o maior número de apátridas de toda a rexión.[14] Kuwait é membro fundador do CCG e tamén é membro da ONU, da AL, da OPEP e da OCI. Kuwait nomeou ao fillo do emir novo primeiro ministro do país o 24 de xullo de 2022 para substituír o primeiro ministro interino Sheikh Sabah al-Khalid`, que se enfrontou a un parlamento combativo como xefe de gabinete nunha disputa. obstaculizando a reforma fiscal.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kuwaití.
  2. "Kuwait – definition of Kuwait in English". Lexico. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2017. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  3. "Definition of Kuwait by Merriam-Webster". Merriam-Webster. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2017. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  4. "Kuwait". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 10de abril de 2015. 
  5. "Coastline - The World Factbook". www.cia.gov. 
  6. Nations, United. "The World's Cities in 2018. Data Booklet" (PDF). United Nations. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  7. Sissakian, Varoujan K.; Adamo, Nasrat; Al-Ansari, Nadhir; Mukhalad, Talal; Laue, Jan (xaneiro 2020). "Sea Level Changes in the Mesopotamian Plain and Limits of the Arabian Gulf: A Critical Review". Journal of Earth Sciences and Geotechnical Engineering 10 (4): 88–110. 
  8. Louise Pryke (23 de abril de 2018). "In ancient Mesopotamia, sex among the gods shook heaven and earth". The Conversation. 
  9. "Wise cities" in the Mediterranean? : challenges of urban sustainability. Woertz, Eckart, Ajl, Max. Barcelona. 2018. ISBN 978-84-92511-57-0. OCLC 1117436298. 
  10. "Contributors". Comparative Studies of South Asia, Africa and the Middle East 35 (2): 382–384. 2015. ISSN 1089-201X. doi:10.1215/1089201x-3139815. 
  11. "OPEC pressures Kuwait to moderate quota demand", New Straits Times, 7 de xuño de 1989
  12. "HDI of Kuwait is highest in the Arab world". Brazil-Arab News Agency. 2009. 
  13. "Kuwait ranks top among Arab states in human development". Kuwait News Agency. 2009. 
  14. "The Gulf's Stateless People without Rights Decades after Independence". Human Rights First (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Developed by StudentB