LAN | |
---|---|
Acrónimo | LAN |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha local area network (en galego "rede de área local") é unha rede informática de transmisión de datos que conecta ordenadores e periféricos situados nunha área limitada, xeralmente unha oficina ou un edificio. Rede accesible para os equipos conectados directamente, sen conexións externas. Tales redes denomínanse locais por cubriren só unha área limitada, por exemplo unha casa, unha escola ou un laboratorio de informática.
As LANs utilizanse para conectar estacións, servidores, periféricos e outros dispositivos que posúan capacidade de procesamento nunha casa, escritorio, escola e edificios próximos.