Coordenadas: 43°19′16″N 8°30′14″O / 43.32108, -8.503879
La Voz de Galicia | |
---|---|
Portada do 30 de xuño de 1901. | |
Tipo | información xeral |
Cor | cor e branco e negro |
Fundación | 4 de xaneiro de 1882 (142 anos) |
Empresa editora | La Voz de Galicia, S.A. |
Propietario | Santiago Rey Fernández-Latorre |
Director | Xosé Luis Vilela |
Fundador | Juan Fernández Latorre |
Tendencia | conservadorismo, rexionalismo galego |
Lingua | castelán [1] |
Ámbito | nacional (Galiza) |
Impresión | Sabón, Arteixo |
Periodicidade | diaria |
Prezo | 1,20€ durante a semana e 2,20€ os domingos (2012) |
Tiraxe | aprox. 100 000 exemplares |
Seccións | España, Mundo, Comarcal, Opinión, Deportes, Cultura, Tecnoloxía, Xente, Galicia |
ISSN | 1888-5160 |
Na rede | |
http://www.lavozdegalicia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre.[2] La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado.[3] A propiedade da empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, mantívose sempre nas mans da mesma familia ata a morte do seu accionista maioritario e único Santiago Rey Fernández-Latorre, neto de Juan Fernández Latorre.[4]