O Lacio[1] (en italiano: Lazio) é unha rexión administrativa da Italia central de case 5,5 millóns de habitantes, con capital en Roma. Limita ao noroeste coa Toscana, ao norte coa Umbría, ao nordeste coas Marcas, ao leste cos Abruzos e Molise, ao sueste coa Campania e ao suroeste co mar Tirreno. No seu interior encóntrase a Cidade do Vaticano.