Lago Tanganica

Modelo:Xeografía físicaLago Tanganica
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Parte deGrandes Lagos Africanos
Lagos do Gran Val do Rift Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
País da cuncaBurundi, República Democrática do Congo, Tanzania e Zambia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°06′S 29°30′L / -6.1, 29.5
Afluentes
Efluente do lagoRío Lukuga Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca fluvial do Congo Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude773 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa1.828 Editar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 1.433 m
Media: 570 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións72 (ancho) × 673 (lonxitude) km
Punto máis baixovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  (−697 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie32.900 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica231.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico18.900 km³ Editar o valor en Wikidata
Lago Tanganica (The University of Texas at Austin - Perry-Castañeda Library Map Collection).

O lago Tanganica (do seu nome en suahili: Tanganyika) é un dos Grandes Lagos Africanos localizado na zona centro-oriental do continente africano. É o segundo maior lago de África, despois do lago Vitoria, e forma parte de Burundi, República Democrática do Congo, Tanzania e Zambia.

Atópase no brazo occidental do Gran Val do Rift, a unha altitude de 773 m[1] e esténdese por 673 km nunha dirección aproximadamente norte-sur (é o lago máis longo do mundo), cunha largura media de 50 km e ten unha profundidade máxima de 1470 metros (entre os 3° 20' e os 8° 48' S e os 29° 5' e os 31° 15' E). Estímase que este lago é o segundo máis antigo e o segundo máis profundo do mundo, despois do lago Baikal na Siberia[2]. Cobre unha área de 32 900 km² e ten unha liña de costa de 1 828 km e unha profundidade media de 570 m; o seu volume estímase en cerca de 19 000 km³[3].

Existen catro áreas protexidas nas súas marxes: a Reserva da Natureza de Rusizi, no Burundi (un sitio Ramsar), o Parque Nacional de Gombe Stream (onde se encontran os chimpancés de Jane Goodall), o Parque Nacional das Montañas Mahale, na Tanzania e o Parque Nacional de Nsumbu, na Zambia.

Ademais de ser un excelente medio de comunicación entre os países e poboacións ribeirías, o lago Tanganica é rico en peixes, sendo unha importante fonte de proteínas para os pobos da rexión. Estímase que cerca de 45 mil persoas traballan directamente nas pescarías, operando en case 800 centros de pesca; no entanto, pénsase que máis dun millón de persoas dependen desta actividade.

O lago foi descuberto polos europeos en 1858, cando os exploradores Richard Francis Burton e John Speke o acadaron mentres buscaban a fonte do río Nilo. Speke continuou as súas investigacións cara ó norte e realmente encontrou unha das súas fontes, o lago Vitoria.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2008. Consultado o 30 de xullo de 2014. 
  2. zambiatourism.com (ed.). "Lake Tanganyika". Consultado o 2 de marzo de 2016. 
  3. worldlakes.org (ed.). "Lake Profile - Tanganyika". Consultado o 2 de marzo de 2016. 

Developed by StudentB