A laranxa é o froito da laranxeira (Citrus x sinensis), de forma esférica. O grosor da súa pel é moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). A parte exterior desta é, unha vez madura, de cor laranxa (de aí o nome da froita) e a parte interior é de cor branca. É habitual comela (retirándolle a pel) ou beber o seu zume.
Así, unha clasificación habitual desta froita faise en funcións de para que se considera mellor, tendo laranxas de zume e laranxas de mesa, aínda que é moi normal distinguilas tamén pola súa procedencia. Pode utilizarse como ingrediente en cociña e repostería.