Lareira

Lareira nunha casa rural de Outes, A Coruña.

A lareira ou lar é o lugar destinado a facer o lume nas casas. Tradicionalmente nas casas galegas constituían o espazo principal da cociña[1], e usábanse tanto para cociñar como para quentar a casa.

Porén, especialmente nos últimos tempos, son tamén habituais as lareiras na sala. Neste caso perden a súa función de cociña pero conservan as funcións decorativa e de quecemento do ambiente interior.

  1. Museo de Pontevedra (ed.). "Museo de Pontevedra. Colección. Fondos Etnográficos: A Cociña" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2009. Consultado o 25 de outubro de 2008. : "Nas casas galegas a cociña era a estancia máis importante e acolledora. Nela eran recibidos os visitantes, formalizábanse contratos de compravenda e intercambios, comíase, mantíñanse faladoiros e realizábanse distintos labores. Nas aldeas adoitaba estar facilmente comunicada con outras dependencias, en especial cos cortellos dos animais."

Developed by StudentB