Laurasia

Unha interpretación da fase temperá de separación de Laurasia e Gondwana

Laurasia é o nome dado a unha antiga masa de terra do hemisferio norte aparecida no final do xurásico pola desintegración do supercontinente Panxea, separándose de Gondwana pola apertura do Mar de Tetis. Laurasia compredía a maior parte das masas terestres que forman os actuais continentes do hemisferio norte, fundamentalmente os cratóns de Laurentia (Norteamérica e Groenlandia), Báltica (Europa do norte e centro e Rusia europea), Siberia, Casaquistania e o norte e leste da China. Laurasia dividiuse logo en Eurasia e América do Norte.


Developed by StudentB