Lei de Ohm

A lei de Ohm, que recibe o nome do físico alemán Georg Simon Ohm, establece a proporcionalidade, a temperatura constante, entre a caída de potencial (V) entre os extremos dun condutor e a corrente eléctrica (I) que circula ao seu través, isto é

R é unha constante de proporcionalidade que vai depender da temperatura, e das características do condutor (material e dimensións). Recibe o nome de resistencia, e para comprender o seu significado pódese dicir que dá conta da dificultade que opón un condutor determinado ao paso das cargas (a corrente) para unha diferenza de potencial dada.


Developed by StudentB